Chopo negro, Lamagueiro, Lamigueiro, Álamo mouro
| O mesmo que o Populus alba recibe o seu nome
por ser unha árbore do pobo e, neste caso nigra, lembra
a cor das rugosidades da cortiza. Atópase nas mesmas zonas que o Populus alba. Na antigüidade grega chamouse Álamo das Helíades e tiña un sentido funerario: as Helíades, irmás do heroe solar Faetón, desesperadas pola morte do seu irmán, caido no río, foron transformadas en álamos polos deuses. Entre os romanos o Populus nigra foi consagrado á deusa Proserpina, deusa da fertilidade e dos mortos |
|
É unha árbore dioica de ata 30 metros, coa copa alta
e ampla, moi densa nos exemplares máis novos e aberta nos máis
vellos. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
As follas teñen un perfil triangular con pequenos dentes. O pecíolo é moi longo, son verde-vermello cando son pequenas e logo viran ó verde oscuro. |
| As flores son unisexuais verdosas ou avermelladas. O froito é unha cápsula, a semente vai envolta nunha cuberta algodonosa. Reproducese moi ben por esquexes. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
A madeira é moi lixeira e utilizada para embalaxes ou pasta de celulosa. As xemas e cortiza das ramas son utilizadas contra as hemorroides. Tamén as xemas teñen propiedades diuréticas. |
E agora algúns textos que recollen o protagonidmo destas árbores na vida dos homes e dos poetas.
| "En las mañanicas del mes de mayo cantan los ruiseñores retumba el campo En las mañanicas Lope de Vega |
"...Álamos del amor que ayer tuvisteis Antonio Machado |
|
"Chopos de música verde J.R. Jiménez |
"...Allá, en las tierras alta Antonio Machado |
| E para rematar unha curiosidade. En terras de Aragón había costume de poñer na plaza da vila, a última semana de abril, un tronco de chopo limpo, sen ramas nin follas. No alto poñían un polo ou un xamón. Era unha chamada á fertilidade da terra. |
| Volve ó índice das árbores |
|
Vai ó curso de tele-formación
|