Salix babylonica

Salgueiro

É unha árbore pertencente á familia das Salicaceas que aparecen, sobre a Terra, na Era Terciaria. Parece ser orixinaria do Este de Asia. O nome babylonica alude á zona de Mesopotamia da que se cría oriundo. Aínda que tamén se atribue á China.
O nome de Salix parece proceder do celta e querería dicir: próximo á auga.
O feito de ter a ramas novas caídas parece un exemplo de tristura e melancolía polo que é unha árbore moi frecuente nos cimiterios.
Parece que tamén correspondía á letra S no alfabeto dos druídas, que, como xa temos dito, tiñan un alfabeto no que as árbores o os seus nomes correspodían ás letras. Logo cun complexo sistema, no que ían xuntando sufixos e prefixos, formaban as palabras que constituían toda unha linguaxe secreta e máxica.
É unha árbore que pode acadar ata un 12 metros de alto. É caducifolia, perde as follas no inverno aínda que ás veces duran na árbore ata a saída das novas. Ten longas ramas inclinadas case ata o chan, e polo que tamén recibe o nome de "pendula". É moi pouco esixente cos solos, só teñen que ter auga. Medra moi ben en terreos moi húmidos, é capaz de sanealos absorbendo a auga en exceso.
Salgueiro no xardín do colexio
No outono
Tronco do salgueiro
Tronco e follas
O tronco ten unha cortiza oscura que vai rompendo cos anos. As ramiñas son delgadas, longas e moi flexibles. A copa ten forma globosa que ven dada pola caida das ramas.
As follas son lanceloladas de ata 10 cm de longo, con dentes moi finos, face de cor verde intenso o envés é máis claro e con pelos que logo vai perdendo. As flores son moi pequenas e sen pétalos, forman amentos que saen na primavera, ó mesmo tempo das follas. Son de cor amarelo verdoso. Ten flores masculinas e femininas en pes separados.
Cambio de cor no outono
Flor
Flor

Entre as propiedades desta árbore está a de servir para protexe-los cauces dos ríos, tamén e de forma experimental estáse a utilizar para rcuperación de aguas contaminadas, dada a capacidade do salgueiro para extraer, asimilar e transformar materias contaminantes.

A madeira é moi lixeira polo que serve para mangos de ferramentas. As ramas serven para facer cestos, cabaceiros, canizos e cancelas para
pecha-las leiras.

Da cortiza estráese o acido acetil-salicílico (base da aspirina) de coñecidas propiedades contra a dor, febre e reúma. Tamén serve para tinguir tecidos.

Agalla do salgueiro
Debuxo
O salgueiro é moi utilizado como ornamental pola beleza e frescura que aporta ós xardíns. Non é moi lonxevo a pesares do que dí a adiviña: "Nunca envellezo, eterno son, e cobixo ós sabios dou". As follas son atacadas polos insectos minadores que poden facer agallas coma as da fotografía. Un resumo da árbore neste fermoso debuxo que podedes ver. É moi fácil de reproducir por estaquillas, preferentemente dos pés femininos.

Observando esta fermosa árbore é doado comprender a imaxe de máxico que tivo noutras culturas. Na China era símbolo da inmortalidade, crece aínda que se plante do revés. Os Chineses sacrificaban un salgueiro ó sol para recoñece-la forza do astro. Primeiro clavaban unha rama na terra, xunto á porta da casa, e segundo onde caese ía se-lo lugar da comida. Os caracteres Kanji para o sauce son: yang-lieu, e significan "árbore consagrada ó sol, que se planta xunto das portas ó ofreceres un sacrificio". Aínda hoxe na China decoránse as portas das casas con follas de salgueiro, durante o solsticio de verán.
Para acada-la immortalidade os ataudes cubríanse de follas de salgueiro. Aínda hoxe tras do ataúde vai unha rama de salgueiro da que penduran bandeiriñas. Chámase Lieu-tsing, ou bandeira de salgueiro.
Os emperadores ofrecían ós seus cortesáns, durante o día de Changki, ramas de salgueiro e dicían estas verbas:"Levádeas para evita-las miasmas envelenadas ou as pestilencias". Atribuíanlle entre outras facultades, a de curar as chagas (fervendo as follas na auga).

Na mitoloxía latina o salgueiro era unha árbore consagrada á deusa Juno, e tiña propiedades para deter calquera hemorraxia e aínda evita-lo aborto.

Na tradición cristiana unha lenda dí que o salgueiro chorón doblou súas ramas para esconder nelas á Virxe o o neno na fuxida a Exipto. Noutra lenda, o salgueiro chora dende que as súas ramas serviron para golper a Xesús. En Rusia e Alemania, o domingo de Ramos, a oliveira é sustituida nos ramos polo salgueiro.

E para rematar, unhas lembranzas ó salgueiro nas coplas populares

"A aldea de Palavea
Aldea de moita lama;
Que se dan as nenas nela
Como salgueiro na braña."

"Salgueiro prende de escallo
E abeneiro de raís;
Amores que fostes doutros
Para min non me servís."

"Eu ben vin andar o merlo
Dende salgueiro a salgueiro
Casa aquí, casa acolá,
¡O merlo sempre solteiro!"

"Prende salgueiriño prende
Prende na fonte serena;
Que tamén meus ollos prenden
Nos olliños dunha nena."

Bibliografía consultada para facer este traballo:

ABELLA, Ignacio. La Magia de los Árboles.
COOMBES, Allen J. Árboles.
DE GUBERNATIS, Angelo. Mitología de las plantas.
GARFER, J.L.; FERNÁNDEZ, C. Adivinancero popular galego.
FERRO RUIBAL, Xesús. Refraneiro galego básico.
FONT QUER, Pio. Plantas medicinales (El Dioscórides renovado).
LORENZO, Xaquín. A Terra.
NIÑO RICOY, H; SILVAR, C. Guía das árbores de Galicia.
PÉREZ BALLESTEROS, José. Cancionero popular gallego.

Vai ó inicio do sitio

Vai ó inicio

Vai ó índice das árbores
Vai ás nosas árbores
Vai ó curso de tele-formación
Vai ó curso de teleformación