Arte e reciclado
Arte e reciclado

Facemos pasta de papel

O primeiro que fixemos foi cortar follas de papel de periódico pola metade e poñelas en auga dentro dunha tina. Deixámolas así un día enteiro.
Despois escurrímo-la auga e fomos picando, cos dedos, as follas de papel en anacos moi pequeniños.

Picando  o papel
O mesmo tempo preparamos cola de empapelar e gardámola nuns botes.
Cando rematamos de pica-lo papel, mesturámolo coa cola de empapelar e fomos amasando durante bastante tempo ata formar unha masa sen grumos e moi semellante ó cemento.
Amasando a pasta
Poñendo a masa
Trouxemos unha careta de plástico para que nos fixese de molde. E sobre ela fomos poñendo a masa pouco a pouco.
Alisamos cos dedos a masa para que fose quedando bonita e sen buratos.
Alisando a masa
Parece que xa está
Pintamos  as caretas
O toque persoal
Despois tivemos que deixar secar as máscaras durante unha semana. Cando a masa estivo seca desprendémola do molde e a pintamos de cores.
Por último botámoslles un verniz para que a pintura quedase mellor e brillase un pouco.
E agora o verniz
¡Vai quedando ben!
Volve ó índice
Volve ó índice