Augardente

o bagazo está na cuba
Rematado o proceso da fabricación do viño, pódese facer augardente.
A augardente é unha bebida alcólica, de graduación elevada, que se obtén por destilación do bagazo ou bullo do viño, despois de fermentar.
bagazo
o pote

A obtención da augardente, faise cun aparello denominado alambique de cobre.

Comeza colocando a peza inferior, ola ou pote sobre lume feito con leña de carballo.

No interior introdúcense ramas de vide e unha pouca palla, coa finalidade de que o bullo, que vai enriba, non se torre no fondo do pote.
ramas de vide
trompa, caldeiro, serpentín

Cando empeza a ferver engádenselle ó pote, o resto das pezas que conforman o alambique, todas elas seladas cunha masa feita de fariña de centeo con auga:

 

O capacete, e coma un funil invertido, que fai de tapadeira do pote; sobre este vai a trompa, pola que ha de flui-lo vapor ata chegar o caldeiro onde, por medio dun serpentín (culebriña), refrixérase para saír licuado por un orificio, situado na parte inferior do caldeiro.
fiando a augardente

Este orificio obstrúese, en parte, cun pao que permite fia-la augardente.

Todo o proceso pode durar de 12 a 14 horas. O vapor debe fluir dunha maneira constante e contínua. Para logralo é preciso manter sempre a mesma temperatura, tanto no comenzo como na refrixeración, polo que debe renovarse a auga do caldeiro segundo vaia quentándose.

Coa augardente fanse distintos tipos de licores, moi apreciados, macerando nela diferentes herbas con azucre e incluso café.

A imaxinación popular fixo desta bebida alcólica obxecto de refráns e adiviñas, esta é un exemplo:

 

"Sou señora, e non soberbia,

de espíritos elevados

e a moitos homes no mundo

teño feito desgraciados;

teño un pai ben coñecido

de toda a casta de xente;

teño un irmán muito agreste,

que de min sempre anda ausente;

miña avoa, vella enfeitada,

sen bordón non se sustén;

porque a caten de ano en ano

dará todo canto ten".

Ir ó fin
Agora o encrucillado