Pescudando na rede

Introducción

Xa coñeces un pouquiño sobre Betanzos pero isto non abonda para que poidas imaxinar que vives alí e menos se a túa vida vai transcurrir na Idade Media. Tes que coñecer moito máis para poder contar en primeira persoa o que ves, que fas, como transcorre a túa vida...

Tarefa

Tes que escribir un conto para presentar ós teus compañeiros, tomarás como base as fotografías que vas atopar nesta páxina. A túa historia vai enlazar estes momentos representativos do que poido se-la vida en "Betanzos dos Cabaleiros". Tes que interpretalas segundo o que aprendas nas ligazóns que vas seguir.

Proceso

Aquí vas atopar tódolo que precisas para un bo traballo. Preme nas palabras suliñadas e poderás ir as páxinas onde se atopa a información necesaria.

Para ve-la situación nos mapas vai aquí. Copia os datos que precises para documenta-la túa historia. Tamén atoparás moita información e datos xeográficos. Moitísima información e moi ben organizada na páxina oficial do Concello, moi boas fotografías.

Un resumo da historia betanceira está nesta outra páxina. Hai tamén moi boas fotografías do Betanzos actual. Podes atopar máis sobre a historia da cidade aquí.

Para coñecer moito máis sobre o medio ambiente e arredores do concello hai unhas páxina sobre ríos e espacios protexidos. É moi interesante a que recolle información sobre a Fraga do Eume.


Xa tes a información, agora mira estas fotografías, elas van guia-lo teu relato.

Casas engalanadas
O ferreiro
Os nobles prepáranse para recibir os subditos
Os gardas
Recibindo á nobleza
Os nobles na plaza
Os nobles recibindo tributos
Panadeira
Encaixeiras
Malabaristas
Vendento froitas
Arqueiros
Moza na cociña
Tecelá
Aguía usada en cetrería
Malabaristas

Avaliación

Contarán: a recollida de información (pouca, suficiente, moita); a organización da mesma (pouco, suficiente, moi organizada); o traballo individual e de grupo (pouco, suficiente, moito traballo); a adecuación da lingua e redacción (pouca, suficiente, moita); a presentación (regular, suficiente, boa); e, por suposto, a orixinalidade do conto.

Preme na boneca para facer uns exercicios e comproba-lo que aprendiches.

Vai facer exercicios

Volta ós artesáns

Volta á artesanía e artesáns