Elmer
DISTINTOS

Biblioteca CEIP San Francisco Xabier
Abril 2007

 

Elmer era diferente. Elmer era de colores. Elmer era amarillo.

cores
Elmer
Elmer
Elmer
Elmer non é como os outros elefantes. Elmer é de moitas cores.
Pero el non está a gusto consigo mesmo, quere ser como os demais. Un día tódolos elefantes da manada fanlle ver que o queren tal e como é
Y naranja
Y rojo
Y rosa
Y morado
Y azul
Y negro
Y blanco
Elmer no era color elefante.
Elmer
A partir dese momento Elmer aprende a aceptarse a si mesmo.

Oliver Buton es una nena
Oliver Button es una nena
A Oliver non lle gustan os xogos violentos. A Oliver gústalle disfrazarse e bailar. Isto incomoda ó seu pai e fai que os seus compañeiros se rían del.
Pero Oliver loita por ser como é, e finalmente consegue o seu soño: convertirse nun grande bailarín.

No todas las vacas son iguales
No todas las vacas son iguales
Este libro levou no ano 1999 un premio moi importante: O Premio Lazarillo de Ilustración.
As vacas, como a xente, son diferentes; hainas soñadoras, xoguetonas, tímidas, tranquilas, atrevidas...
Pero a pesar das súas diferencias, todas teñen algo en común: a tódalas vacas lles gusta que a súa nai as acariñe, lles dea moitos bicos e lles conte contos.

Outros títulos interesantes

EL NIÑO ESTRELLA
El niño estrella
¿Por que hai xente que leva unha estrela amarela na roupa? ¿Que significado teñen estas estrelas? ¿Por que suben á xente coa estrela a un tren? ¿A onde a levan?
¿Por que ascenden cara ó ceo envoltas en fumareda gris cada vez máis estrelas? ¿Por que cada vez hai polas rúas menos xente coa estrela no peito?

"Anque as nosas palabras sexan distintas,
e ti negro e eu branco,
se os nosos soños son iguais
coma un irmán che falo."

Celso Emilio Ferreiro


FREDERICK
Lolo, un conejo diferente
El gallo que no sabía cantar
Frederick
LOLO, UN CONEJO DIFERENTE
EL GALLO QUE NO SABÍA CANTAR
Mentres tódolos ratiños traballan para recoller alimentos para o inverno, Frederick parece non facer nada. Enriba dunha pedra adícase a contempla-lo mundo.
E os seus amigos empezan a enfadarse con el. Pero cando chega o frío e a comida escasea, Frederick lles dá todo o que gardou durante tanto tempo: palabras cheas de beleza que lles axuden a vivir.
Lolo ten as orellas caídas e non fai máis que inventar distintas maneiras de agochalas. Non quere que ninguén llas vexa.
Cada vez que intenta cantar, ó pobre do galo sáelle outro son: o da vaca, o das ovellas, o dos parrulos; e claro, todos se ríen del.

Matilda
Roald Dahl, un autor distinto
MATILDA
Matilda é un bicho raro dentro da súa familia. A Matilda gústalle ler e non ve-la televisión. Todo o que a rodea é tan mediocre, que busca nos libros a forma de evadirse e crea-lo seu propio mundo interior.
É unha nena incomprendida polos seus seres máis próximos tanto na casa como na escola, ata que a súa mestra repara nela e descubre toda a súa valía. Isto será a salvación de Matilda.

OUTROS TÍTULOS DE ROALD DAHL:

  • Charlie e a fábrica de chocolate
  • Charlie e o grande ascensor de cristal
  • As bruxas
  • James e o pexego xigante
  • A marabillosa menciña de Zurzo
  • Voando só
  • O dedo máxico
  • Cuentos en verso para niños perversos
Roald Dahl

Un título especial: Frankenstein
Frankenstein
Mary Shelley, escribiu esta novela con tan só dezaoito anos en 1818.
Nela cóntano-la historia dun personaxe credo a partir de materia inerte.
Un ser que nace inocente e a quen a crueldade, o desprezo e a soidade acaban convirtindo nun monstro.

Campos verdes, campos grises
A escritora Ursula Wolfel escribiu, xa hai tempo, este libro de relatos.
Son historias verdadeiras, historias de xente que por distintas circunstancias vive algún tipo de discriminación. Historias que non sempre acaban ben, pero que están aí e debemos coñecer.
É un libro moi interesante para reflexionar sobre moitos prexuicios sociais.
Campos verdes, campos grises

El hombrecito vestido de gris
EL HOMBRECITO VESTIDO DE GRIS Y OTROS CUENTOS
 
Letras gallegas 2007

Un home gris por fóra, pero cheo de cor no seu interior. Gústalle cantar ópera e ninguén o comprende. Bótano de todas partes.
Esta é a primeira historia que nos conta Fernando Alonso neste entrañable libro.

María Mariño
23 abril
día do libro
Volve ó índice
Para volver ó índice, preme no libro
Para ir ó seguinte boletín fai 'clic' na mascota