Bicheiro

 

Bicheiro: raño ou varal longo cun gancho na punta, que se utiliza nas embarcacións para pescar polbos, xuntar algas, etc.Truel

 

Truel: chámase tamén trueiro, salabardo, armel, etc. Consiste nun aro de madeira, ou tres ventos de corda, e unha rede semiesférica ou cilíndrica pechada por baixo. Con eles se colle o peixe para deixalo no barco.

 

ZocoZoco: calzado de coiro co piso de madeira. Este tipo de zoco xa non se utiliza, somentes en certo tipo de pesca artesanal, pesca do pincho e pesca de arrastre. É moi pesado.