Eduardo Blanco Amor nace en Ourense. Ós dezanove anos emigra á Arxentina. Alí estudia na Universidade e contacta coa emigración galega. Escribe na prensa e viaxa a España como correspondente.
En Galicia asina un manifesto nacionalista. Como correspondente de "La Nación" entra en contacto cos poetas da xeración do 27, especialmente con Federico García Lorca. Corrixe e escribe o prólogo dos "Seis poemas galegos" do poeta andaluz.
Desde Arxentina defende na prensa a causa republicana durante a guerra civil española. Ó remate desta, colabora cos exiliados.
Funda o Teatro Popular Galego de Bos Aires.
Alterna a obra en castelán coa obra en galego. Antes da guerra escribe poemarios como Romances Galegos e Poemas en catro tempos. Remata co Cancioneiro.
O teatro e moi distinto do tradicional galego, escribiu Farsas para títeres.
Foi un escritor dunha grande producción literaria destacando entre as súas obras A Esmorga (novela), Os Biosbardos, Xente ao lonxe ...