Fermín Bouza Brey naceu en Ponteareas (Pontevedra) en 1901.
Estudiou Dereito e Filosofía e Letras. Foi xuíz. Pero o seu labor máis destacado foi o de ensaista e historiador. Fixo estudios sobre escritores galegos do século XIX: Rosalía, Pondal, Murguía ...
A Prehistoria e Arqueoloxía foron obxecto dos seus ensaios: "La civilización neolítica en Galicia", "Prehistoria e Folklore do Barbanza"... Estudios sobre arte pre-románico, románico, barroco... Ensaios etnográficos ...
Como poeta escribiu Nao Senlleira e Seitura. É unha poesía moi perfecta, cunha grande riqueza léxica e cos temas e recursos da lírica medieval. Pode ser considerado como creador da poesía neotrobadoresca.
Cultivou tamén a prosa creativa: Cabalgada en Salnés.
Morreu en Santiago de Compostela
no ano 1973.![]()