Naceu en Cambados. Estudiou no seminario de Santiago ata os 17 anos, volveu a Cambados e traballou nunha notaría e no concello.
Polos seus estudios de Humanidades tiña unha boa formación clásica que lle permitiu adicarse á literatura. Comenzou colaborando co xornal da súa localidade. Posteriormente emigrou a Cuba. Na Habana foi administrador do Teatro Nacional que estaba rexido polo Centro Galego, alí entrou en contacto con toda a intelectualidade galeguista emigrante. Colaborou nas revistas da comunidade galega e publica "No Desterro" e "Vento Mareiro".
De volta a Cambados colabora coas Irmandades da Fala e co seu órgano periodístico "A Nosa Terra".
En 1920 ingresa na Real Academia Galega, segue a publicar libros de poesía, teatro e narrativa ata o seu pasamento no ano 1959.
A obra de Cabanillas desenvólvese en tres direccións:
Poesía lírica de carácter social, intimista e costumista con certas influencias de Rosalía e Bécquer e ás veces certamente satírica. Neste aspecto destacan as escritas na Habana, "Da Terra Asoballada" e "A Rosa de Cen Follas".
Poesía narrativa. Este é un dos aspectos máis significativos, precisamente polos seus poemas épicos. Compre salientar "Na Noite Estrelecida", poema composto por tres sagas nas que trata das lendas da corte do rei Artur, da busca do Santo Grial e a despedida do rei Artur ante o cabaleiro Galahaz. Toda a obra de poesía narrativa está recollida en "Camiños no Tempo", volume publicado en 1949.
Aínda que a súa obra é fundamentalmente poética, non se pode esquecer que compuxo dúas pezas teatrais, unha en prosa, de asunto amoroso "A Man da Santiña" e outra en verso de carácter histórico, "O Mariscal".
Cabanillas deixou algúns escritos en prosa dos que o máis importante é o titulado "Antífona da Cantiga".
Porque a obra de Ramón
Cabanillas abriu novos camiños para a poesía galega foi chamado
"Poeta da Raza". ![]()