Caldas de Reis

Esta fermosísima vila ven á nosa páxina, porque nos seus arredores atópanse un bo número de artesáns tradicionais. Comenzamo-lo traballo cos campaneiros de Arcos da Condesa (unha das nove parroquias de Caldas), e na visita que fixemos, poidemos apreciar mellor os atractivos desta zona.

Caldas está situada no Noroeste da provincia de Pontevedra na ribeira do río Umia. Xeográficamente está na latitude 42º36' e lonxitude 8º38,5', e a vintecatro metros sobre o nivel do mar. Está xusto onde comenza o Val do Salnés.

O río Umia e os seus afluentes e regatos dan unha grande fertilidade ás terras. Tamén son ricos en peixes e son responsables dalgúns paraxes tan fermosos como a fervenza de Segade

Mapa da zona

O clima é templado e húmido, con poucas chuvias no verán e moita humidade ambiente. Aquí temos que destacar un dos atractivos máis importantes da vila, as augas termais. Trátase das burgas das que sae auga a 35ºC con propiedades curativas para afeccións respiratorias, dermatolóxicas e do aparato locomotor.

Burgas
A historia di que foron os Cilenos, unhas tribus indíxenas, os primeiros poboadores de Caldas. Tiñan un deus, Edovio, e practicaban ritos pagáns na súa honra. Coa chegada dos romanos estas terras pasaron a ser "Aquis Celenis" ou "Aquae Celenae" polas suás augas. É moi famoso o tesouro prehistórico que se atopa no Museo de Pontevedra.

Na época romana valorouse moito a situación estratéxica da vila dándolle a categoría de "Municipium" e sendo sé dunha das lexións romanas en Galicia. Hai moitos restos arqueolóxicos, destacando tres pontes.

Do Románico ten varias igrexas, Santa María, San Andrés, San Estebo...

Ponte romana
Xardín centenario

O nome actual débese, por unha parte ás propiedades das augas (Caldas) e o nacemento de Alfonso VII, fillo de Dona Urraca (Reis).

Un dos paraxes máis atractivos da vila é o Parque-xardín; xunto coa Carballeira forman unha reserva vexetal con árbores centenarias e arbustos de todo o mundo.

Para saberes moito máis sobre Caldas de Reis visitade esta web: http://www.nfabian.com

Volta o índice
Para facer uns exercicios sobre Caldas preme na boneca
Encrucillado