![]() |
|
|
"O
canteiro actual, herdeiro dos que traballaron nos castros, é un
home hábil, amante da súa arte, rexo coma o material que
emprega, e cun extraordinario espírito de compañeirismo..."
Segundo a definición do etnógrafo galego Xaquin Lorenzo.
|
![]() |
Visitamo-la
empresa de canteiría Castro Treviño no Concello de Caldas
de Reis. Aínda que na actualidade o traballo desenvólvese
de xeito industrial, este empresario ten unha longa tradición familiar
neste oficio.
|
|
Na
parroquia de San Clemente o seu tio empezou a extraer e traballa-la pedra
na canteira do monte, logo esta era empregada na construcción de
vivendas. É esta unha zona de tanta tradición de canteiros
que noutro tempo era coñecido o dito de que todos tiñan
"un canteiro na casa."
|
![]() |
![]() |
Quizais esta é a razón pola que o señor Castro Treviño volta para facerse cargo da empresa familiar cando xa non hai quen a traballe. Explícanos que o traballo artesanal non ten futuro, por razóns económicas e por unha mala política de subvencións. Estas van dirixidas ás escolas-taller e non os artesáns que son os que realmente poderían encargarse da formación dos futuros canteiros. |
|
Vai
a seguinte páxina
|