Elaboración
Traballando o granito
En certas obras a pedra ponse tal como se atopa, e o canteiro ten que lle busca-lo seu ser, para que asente ben no seu lugar. É o caso dos muros. É diferente cando hai que facer paramentos, as pedras veñen en paralelepípedos da canteira pero hai que labralas e axustalas. Hoxe póñense as pedras en seco, encintándoas con cemento por fora, pero hai tempo o que facían era rechear con barro.
Bloques grandes
A pedra córtase en bloques de tamaños axeitados ós traballos que se van facer. Os bloques grandes córtanse a máquina e os pequenos (máis usados) van cortados a man. Trabállanse tamén semi-bloques que van cortados con cuñas. Unha vez preparada a peza remátase de diversas maneiras.

Abuxardado, o apomazado, é un acabado rústico, paso anterior ó pulido.

Pulido, como o seu nome indica, é un remate máis fino.

Flameado, descompón a pedra que presentará un aspecto rugoso clásico.

Bloques cortados
Paso de escaleira

Este material nobre, que é a pedra, emprégase na construcción e ornamentación de vivendas ou partes das mesmas: ventanais, antepeitos, dinteis, escaleiras, balaústres, barandas...

Un momento do traballo e unha columna de aspecto clásico, gracias ó traballo de flameado.
Abujardado da pedra
Columna
Vai á páxina seguinte
Vai á innovación