Ferramentas
Punteiros
No traballo de dar forma á pedra os canteiros usaban diferentes ferramentas. Hoxe seguen a facelo así aínda que coa axuda das novas máquinas é un traballo moito máis doado.
Punteiros, macetas, cuñas, guillo, ciceis, buxarda, palanquetas e ferros son as ferramentas máis usadas no proceso de traballa-la pedra.
Punteiros, macetas, ciceis, buxarda...
Maceta e punteiro
Golpeando o punteiro
Ciceis e punteiros son instrumentos máis ou menos cilíndricos rematados en forma de pico ou gume. A maceta e parecida a un martelo co cal bátese no cincel. As buxardas son para dar acabados, máis ou menos, suaves ós traballos.
A escoda, acodadeira, falsa, escoadra, nivel ou plomada, a lima e o compás son ferramentas complementarias que se empregan no traballo de labra fina, como molduras, canzorros, etc.
Escoda, acodadeira, compás, plomada...
Vai ó inicio da cantería
Vai á páxina seguinte
Vai á paxina seguinte