
Os
alumnos e alumnas de 4º do colexio fixemos unha, mellor dito, dúas
visitas moi interesantes ó Castro de Sargadelos en Sada Como eramos
moitos tivemos que ir en dúas tandas.
|
A
primeira das visitas fixémola en novembro. Nela pasámolo
moi ben porque, coa axuda de Marta, unha formidable monitora, aprendemos
a modelar figuras de barro.
|
|
|
|
Cada
un/unha fixo a súa: lapiceiros, bonecos, máscaras, etc.
Foi moi divertido.
|
|
As
figuras tiveron que secar e despois forneáronse ata estaren parcialmente
cocidas. Iso fixérono os empregados da fábrica.
|
|
|
|
Finalmente,
os días 2 e 3 de decembro, nós voltamos para decoralas
coa axuda de Marta.
|
|
Somentes
empregamos cinco cores pero bastarán para que queden ben bonitas.
|
|
 |
Despois
do traballo, leváronos a coñece-las instalacións
da fábrica.
|
Foi
moi divertido e interesante ver como dunha simple arxila poden facer
cousas tan útiles e fermosas.
|
|
|
|
|
|
Cando
xa estean ben cocidas as nosas pezas, os encargados do Castro enviaránnolas
para que nos queden de recordo.
|
|
¡Moitas
gracias Sargadelos!
|
|
|