Naceu en Celanova, Ourense. Desde moi novo entrou en contacto co galeguismo fundando a "Mocidade Galeguista" da súa vila.
Na postguerra comenza a publicar en castelán, pero ó iniciarse a recuperación das nosas letras, participa activamente e contribue dirixindo a colección de poesía "Benito Soto" de Pontevedra e colaborando coa Editorial Galaxia,
En 1966 emigra a Venezuela. El tiña idealizada a Galicia emigrante, pensaba que vivían lonxe, pero cerca do espírito de Galicia. Coñecida a realidade "in situ" cambia de opinión, xa que descobre que os dirixentes das sociedades galegas na emigración son xente desleigada, egoísta sen conciencia social, soamente buscan o seu propio proveito, por iso quere que se pechen tódalas portas, que ninguén saia, porque "nunca virá de fóra o remedio ou a esperanza" ...
De toda a producción literaria de Celso Emilio, hai que salienta-la poesía que é fundamentalmente social, pensa que o poeta ten que mergullarse na sociedade do seu tempo, nos seus problemas e nas angustias das xentes, neste senso publica en 1962 "Longa Noite de Pedra", composicións nas que ataca ó imperialismo, ó sistema opresor das liberdades desde unha perspectiva socialista. En "Carta a Fuco Buxán", "Viaxe ó País dos Ananos" e "Terra de Ningures", trata o tema da emigración desde distintos aspectos. En 1975 publicou un conxunto de poemas intimistas e sentimentais, en lembranza da súa vila, titulado "Onde o mundo se chama Celanova".
Respecto á narrativa
publicou "A Fronteira Indefinida", son narracións ambientadas
na realidade latinoamericana, pero feita en galego. Deixou tamén unha
obra de tipo humorístico titulada "A Taberna do Galo". Foi
publicada no ano 1978.![]()