Cotarelo Valledor 1879 - 1950

Armando Cotarelo Valledor era natural de Vegadeo, vila que pertence administrativamente a Oviedo, pero culturalmente considérase galega pola súa lingua e o seu folclore. Estudiou Filosofía e Letras en Madrid e acadou a cátedra de Lingua e Literatura na universidade de Santiago.

Xuntamente con Ramón Cabanillas foi elexido numerario da Academia Española en representeción das Letras Galegas.

Ten numerosas obras escritas en castelán (as específicas da súa especialidade como lingüista) en galego, e incluso bilingües como a novela "El Pazo", pois os labregos falan sempre en galego.

Cotarelo maniféstase como un hábil dramaturgo destacando na caracterización psicolóxica dos personaxes. Moitas das súas pezas teatrais foron levadas á escea por universitarios de Compostela.

Destacan entre outras, "Beiramar" e "Mourenza" de ambiente mariñeiro, "Trebón" e "Lubican" como dramas rurais e "Sinxebra" é unha comedia sentimental na que algúns personaxes de clase alta, empregan o castelán, outros o galego e outros o castrapo.