Formou parte, con Risco e Otero Pedrayo do chamado Grupo Nós, realmente foi o prehistoriador do devandito grupo. Como o resto dos compoñentes descobre, na súa evolución, que Galicia e as súas xentes teñen un valor universal.
Cuevillas ainda que se adicou, fundamentalmente, á investigación, tamén cultivou a prosa e o ensaio amosando unha grande riqueza literaria. "Dos nosos tempos" é a historia da evolución intelectual do Grupo Nós.
"Prosas Galegas",
publicado despois da súa morte, é unha escolma de diferentes traballos:
estudios, ensaios, semblanzas de escritores, textos arqueolóxicos e creacións
literarias. Publicouse no ano 1962.![]()