Nace na vila do Mondoñedo do ano 1910. Estudia o bacharelato en Lugo e Filosofía e Letras en Santiago.
Escribe para a prensa e chega a dirixir o "Faro de Vigo".
Ten unha grande obra en galego e cultiva tódolos xéneros. Antes da guerra civil escribe poesía vangardista: Mar ao norde, Poemas de si e non, Cantiga nova que se chama rivera, Dona do corpo delgado.
Ó final da guerra escribe prosa. Algunhas das súas obras retratan personaxes do mundo rural galego (Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá...) outras tratan de seres máxicos da literatura (Merlín e familia, Se o vello Simbad volvese as illas...).
No teatro, recolle a Hamlet, personaxe clásico de Shakespeare, e fai unha nova interpretación do mesmo en O incerto señor Don Hamlet.
Morre na cidade de Vigo
no ano 1981.![]()