
Alcipreste, cipreste (Cupressus sempervirens)
|
Segundo a mitoloxía grega,
Cipariso, un mozo moi fermoso relacionado co deus Apolo, tiña
como compañeiro un cervo sagrado. Un erro fixo que o matase ó
lanzar unha xavelina. Desesperado pediu ó deus que lle deixase
chorar toda a eternidade. Apolo convertiuno en alcipreste, símbolo
da tristeza e da inmortalidade o mesmo tempo. Este foi o motivo que
fixo do alcipreste a árbore dos cemiterios, ademais da súa
forma alongada que invita á sobriedade, á reflexión... |
![]() |
É tamén, pola súa forma de columna, a árbore que fai a unión entre a terra e o ceo, e máis aínda, entre o inferno e o ceo. Os sacerdotes de Plutón (Hades), deus dos infernos, adornaban as roupas coas follas desta árbore. Os exipcios fabricaban coa súa madeira os cadaleitos das momias e os romanos usaban as ramas nas piras funerarias e nos altares para facer sacrificios. Para os antiguos habitantes de Irán era o símbolo do fogo sagrado e no Libro dos Reis cóntase que o alcipreste foi a primeira árbore do paraiso. O que si deixan claro estas lendas é que o alcipreste era xa árbore coñecida no Mediterraneo e Asia Menor e que de alí pasou ó resto do mundo. Esta especie está adaptada a climas moi diferentes porque ten moita capacidade para regular a transpiración. |
|
É unha árbore de folla perenne que pode acadar ata 30 metros. O tronco é recto, a cortiza fina, de cor parda agrisada e con longas estrías. O sistema radical conta con raíces secundarias longas e superficiais que dan boa anclaxe a árbore e captan a auga con rapidez para logo poder adaptarse a períodos de seca. A madeira foi moi apreciada para a construcción de barcos, casas e tamén mobles por ser moi resistente ás pudricións e a carcoma. |
![]() |
![]() |
As follas son escuamiformes, opostas, moi delgadas, aplanadas, de cor verde escura. Non teñen un olor característico. Prefire os solos secos e áridos ós lamacentos, non resiste ben ás xeadas e precisa boa insolación. Soporta moi ben a poda frecuente e tolera a contaminación das cidades. |
|
Os conos femininos son inflorescencias
de cor verde que logo tornan a cor castaña cando maduran. Os masculinos
son de cor amarela. A reproducción é por semente, aínda
que tamén se usa o inxerto.
|
![]() |
![]() |
![]() |
Os chineses crían que o consumo das sementes daba a lonxevidade pois eran moi ricas en yang. Unha variedade de alcipreste era usada no Japón para os ritos de shinto. |
![]() |
|
Os conos son as partes máis usadas como menciña. Teñen moitos taninos que son sustancias con propiedades boas contra as diarreas, as hemorraxias e as varices. Tamén son moi apreciadas as propiedades contra as infeccións das vías respiratorias. Tamén os cocementos da madeira teñen a súa utilidade para a suor excesiva. |
![]()
É claro que unha árbore con tanta historia, presente en moitas lendas, con esa orixe na mitoloxía grega e coa relación evidente coa morte e presencia nos cemiterios...tiña que estar presente na tradición popular. Así aparece na adiviña: "Alto como o pino, verde como o liño, amargo como o fel... Adiviña bacharel" |
Ou na cantiga: "A folla do alcipreste |
Son moitos os poemas adicados ó alcipreste, un dos más famosos e fermosos é este de Gerardo Diego: "Enhiesto surtidor de sombra y sueño O en este otro que escomenza así: "Silencioso ciprés que en la limpia tersura E tamén: Federico García Lorca Máis: La luna Antonio Machado |
|
Vai á páxina principal das nosas árbores |
|
Vai ó curso de tele-formación
sobre as nosas árbores
|