![]() |
Fixemos
fotografías dos lugares que visitamos, debuxamos as plantas e
animais que atopamos, recollimos froitos e follas para facer herbarios...
Aquí podedes ver algo da mostra que temos na aula.
|
O Parque Natural de Cabárceno foi obxecto de moitas visitas que poidemos revivir coas fotografías dos visitantes.
![]() |
![]() |
Cando non había unha cámara a man, o caderno de campo serviu para recolle-los debuxos de animais e plantas que atopamos.
Pero aquí non só damos fé do traballo feito, tamén imos darlles a benvida ás nosas mascotas (non virtuais) neste proxecto. Son Bess e Bello, unha parella de hamsters coa que imos practicar a responsabilidade que representa ter "amigos" e coidalos axeitadamente.
![]() |
![]() |
|
Agora imos ensinarvo-lo que aprendimos das árbores do Colexio. Tamén sembraremos landras de carballo e prepararemo-lo xardín para os bulbos de outono. |