Unha mañá deportiva

O pasado luns 31 de maio fomos a Ferrol, a un complexo deportivo. Foi unha actividade organizada polo Departamento de Educación Física do colexio. Fixemos unha práctica de escalada en rocódromo e tamén piragüismo. Fomos os alumnos de 4ºA e 4ºB.
Saímos do colexio, en autobús, ás 9:15
No autobús
Formamos grupos
Ó chegar formamos dous grupos, nós entramos no rocódromo e escoitamos as explicacións dos monitores. Logo, en parellas, escalamos.
Dous alumnos escalando
Outro momento da escalada
Acercámonos
Varios momentos da escalada. Non era moi doado pero conseguímolo e chegamos ata o máis alto. Temblaba todo o corpo aínda que iamos cun arnés.
Ó mesmo tempo e no lago artificial, o grupo de 4ºA estaba practicando piragüismo. Nós fomos cando rematamos a escalada.
Unha vista do lago artificial onde estaba practicando o grupo de 4ºA. Foi moi divertido, os chalecos non deixaban afundir aínda que volcase a piragua.
Unha vista do lago  artificial
Un grupo de 'expertos'
Moi pronto conseguimos controlar as piraguas e logo xogamos coas pelotas que nos deixaron mentras tentabamos non caer.
Outro grupo disfrutando da actividade mentras os monitores coidaban e daban instruccións para dar voltas, non empurrar os compañeiros, non chocar...
Divertímonos moito
Embarcando
Con moita soltura e boa escolta
Os profes animáronse tamén a participar na experiencia, aínda que nós fixémola un pouco máis difícil.
Esto está 'chupado'
Nalgún momento a cantidade de piraguas no mesmo lugar fixo que tiveramos que ter moitos coidados para non dar cos remos ós demáis.
Manobras
Xogos despois do exercicio
Cando rematou a experiencia coas piraguas deixáronnos xogar un pouco na auga. Nadamos, xogamos a pelota e pasámolo moi ben.

Cando chegou a hora de marchar, subimos ó autobús e alí repartironnos as camisetas que nos regalaron como recordo da visita. Aínda que son un pouco grandes todos chegamos ó colexio con elas postas, e moi contentos por un bo día no que fixemos cousas moi divertidas.

Alumnos e alumnas de 4ºB

Volta ó índice
Volta ó índice