Rafael Dieste 1889 - 1981

Nace o 29 de xaneiro de 1899, en Rianxo.

Na súa adolescencia emigra a México e máis tarde regresa a Vigo onde exerce o periodismo.

Publica varios contos, algúns deles serán recompilados na súa primeira obra Dos arquivos do trasno.

Ingresa no Seminario de Estudios Galegos coa lectura de A fiestra valdeira. Comedia cun marcado carácter simbólico e a estructura das comedias clásicas.

Viaxa a Londres. Escribe Viaje y fin de don Frontán.

É candidato a Cortes pola Federación Republicana Galega.

En 1932 comeza a tarefa que influiría decisivamente na súa vida: director e animador das Misiones Pedagóxicas. Con elas percorrerá moitas localidades galegas.

No ano 1936 foi Director do Teatro Español de Madrid.

No 1939 sae de España. No exilio escribe De como vino al mundo Félix Muriel, Tratado mínimo del arte de la escena, Galicia en el recuerdo...

Foi lector en Cambridge. Volve a Galicia no ano 1961 e no 1970 foi recibido na Real Academia Galega co discurso: A vontade de estilo na fala popular.

No ano 1981 morre en Santiago.