Elaboración
Facendo un borde
Guías do fondo

Don Manuel Lauda inició, para nós, a confección dun cesto seguindo tódolos pasos e facendo unha pormenorizada explicación do traballo.

Cruzando as guías

Aquí temo-lo que vai se-lo fondo do cesto. Despois de fura-los vimbios máis grosos e cortalos á medida, comenza a rodealos cunha vara máis fina e longa.

Rodeando as guías

Desta maneira as guías do fondo quedan ben suxeitas. Logo estas primeiras costelas van separando cos pases da variña, para da-la forma redondeada.

Máis voltas

O cesteiro axúdase coas ferramentas para axusta-las variñas ó centro.

Axustando
Separando as guías
Facendo o círculo
Un fondo coma este
Novas guías

Ó ir medrando o fondo introdúcense dúas novas guías a cada lado das costelas. Despois o fan as costelas laterais que van levanta-lo cesto.

Guiás laterais
O cesto vai medrando
Preparado para rematar
Xa falta pouco

Cando o cesto acada a altura desexada faise o remate. Hai diferentes formas de facelo: trenzas, picos... Pódense poñer asas para suxeitalo, estas fanse ó final.

Rematado

Despois da introducción das variñas para face-la asa, estas van forradas con tiras de vimbio abertas á metade.

Empezando unha asa
Rematada

Volta ó inicio