Naceu en San Clodio, Leiro, concello de Ourense, en 1864, e morreu en A Coruña no ano 1949.
Trasladouse a A Coruña en 1888 como funcionario e entrou na redacción do diario coruñés "La Mañana" , do que máis tarde foi director.
Dirixiu tamén "El Noroeste", diario que tivo un suplemento cultural "Nós", creado por el e considerado o antecedente de Nós (Boletín mensual da cultura galega). Contou con colaboradores como Manuel Antonio e Vicente Risco.
No ano 1920 nace a revista "Nós" de Ourense e a dirixe Vicente Risco que tivo a Eladio Rodríguez como un dos colaboradores.
Fundou con outros xornalistas a Asociación da Prensa en A Coruña da que máis tarde sería presidente.
A súa poesía, costumista con notas patrióticas, de rebeldía ou loita influenciada por Lamas Carvajal, Curros e Cabanillas, non engadiu nada novo. Demostrou boa versificación e dominio do idioma.
Comezou a publica-los seus poemas en distintas revistas, entre elas "O tío Marcos da Portela", na revista "Galicia", "El Eco de Galicia da Habana", "A Monteira de Lugo", "Revista Gallega de A Coruña", "Follas Novas da Habana"...
As súas composicións recibiron galardóns en diferentes certames como Os orfos da emigración (Betanzos), Desperta (Tui), Sombras (Lugo), Paisaxes (Santiago), Malpocado y alma de raza (Lugo), Oracións campesinas (Santiago).
Publicou 3 obras: Folerpas, Raza e Terra (único número da colección Céltica adicado á poesía) e Oracións campesinas. Este último resume no poema do mesmo título o que foi o seu traballo poético.
Foi autor do diccionario enciclopédico galego - castellano, no que traballou toda a súa vida anque foi publicado despois da súa morte, en 3 volumes por Editorial Galaxia co patrocinio da Casa de Galicia de Caracas.
Salienta este traballo polo aspecto filolóxico e etnográfico, aporta refráns, cantigas e modismos populares.
Participou na vida cultural da cidade e relacionouse cos rexionalistas da "Cova Céltica" na librería de Martínez Salazar, á que tamén ían Murguía e Pondal.
Naceu a "Liga Gallega na Cruña" coa sede na librería da Cova Céltica, propiedade de Carré Aldao. O obxectivo foi a defensa dos intereses materiais, morais, políticos e sociais de Galicia. "Autonomía para Galicia" fracasou, e canalizaron os esforzos en actividades culturais como o homenaxe a Curros, monumento ós mártires de Carral ou fundación da Real Academia Galega, da que foi secretario e presidente.
Catalogou
os fondos da Sociedade do Círculo Recreativo e Instructivo de Artesanos,
da que foi bibliotecario. Ademais fundou en 1916 a agrupación folclórica
"Cantigas da Terra" como forma de divulga-la música popular.![]()