Entroido 2004

En Galicia o Entroido celébrase dende sempre. Existen manifestacións dunha moi fonda tradición que aínda perduran hoxe, especialmente na provincia de Ourense, e nalgunhas partes de Lugo.
O verdadeiro sentido desta celebración é a liberación antes da Coresma, que representa o tempo de penitencia.
A orixe podería estar na tradición grecorromana. Nas celebracións gregas os campesiños representaban farsas enmascarados, e nas Lupercais romanas corrían polas rúas, con máscaras, medio espidos e azoutaban a tódolos que atopaban no camiño.
O que está claro é a súa relación coa Idade Media no que representa de contraste co rigor da Coresma.
Por outra banda o Entroido é un reforzo do sentimento de pretenza á comunidade. Vestirse de Cigarrón, Peliqueiro, Pantalla, Correo, Xeneral... é unha forma de identificarse coas vilas de Verín, Laza, Xinzo... Os Cigarróns e Peliqueiros piden pola rúa perseguindo a xente, pero non poden falar. Non se lles pode tocar. Visten camisa, gravata, chaquetiña de seda, calzóns con volantes, carauta de madera tallada e gorro de follalata decorado con debuxos de animais e unha pelica detrás.
Os Volantes de Chantada levan campaíñas, no cinto, que fan sonar. Os Felos (borralleiros ou cinseiros) botan cinsa a xente e van vestidos con roupa vella a diferencia dos anteriores que levan vistosos e coloridos traxes. Tamén é costume de Laza tirar farrapos cheos de lama. As Pantallas de Xinzo levan calzón longo e faixa de cores, capa de seda con cintas e cascabeis na cintura. Na man, vexigas de vaca secas e infladas para facer ruído. Obligan a xente a invitalos a unha cunca de viño. Tamén en Xinzo hai o xogo das olas. Os mozos e mozas lanzan potes de barro, fariña, auga... ata que caen o chan. O que perde paga unha ola de viño.
Unha constante dos disfraces é volta-lo mundo do revés. Homes de mulleres e mulleres de homes.
Tamén son moi coñecidos os testamentos, arranques ou coplas que fan un repaso satírico do sucedido durante o ano. Todo está permitido e ninguén pode enfadarse nestes días.
O Entroido remata co Enterro da sardiña. O Mércores de Cinsa unha procesión fúnebre acompaña ó ataúde, que pode ir baleiro ou levar un boneco. O que non pode faltar son as ladaíñas e para rematar un sermón satírico sobre as festas que acaban.

Podes saber máis sobre o Entroido nestas ligazóns:

http://www.ourensenet.com/ENTROIDO/default.asp

http://www.xuliovillarino.com/reportajes/entroido/contentroi.htm

http://www.terra.es/personal/slorenf/boteiro.htm

http://www.puebloapueblo.com/report.asp?rep=9

http://www.xinzodelimia-ayto.com/cultura_e_tradicions/o_entroido_a_pantalla.html

http://www.culturagalega.org/temadia.php?id=2439

E agora vai ve-las fotografías da festa do Entroido 2004 no Colexio.
Carteis na entrada do Colexio
As máscaras máis tradicionais, as dos Cigarróns, Pantallas, Peliqueiros, Boteiros, Madamas e Cabaleiros..., invadiron o Colexio nestes días. Cada clase fixo a súa baseándose nos debuxos recollidos polo Seminario de Sargadelos.
Reitores e licenciados encheron todo de cor na festa de comenzo do Entroido.
Un grupo de alumnos de 6º
Cores no patio
Máscara
Máscara
Chegando ó patio
Un claustro de reitores
Máscara
Máscara
Un grupo de 4º
Máscara
Máscara
6º B
Baile do primeiro ciclo
Máscara
Grupo de 5º A
Máis licenciados de 3 anos
Alumnos de 1º
Outro grupo de 4º
Volta ó índice Volta ó inicio
Vai ve-las fotos doutros anos
Fotos Entroidos doutros anos