López Ferreiro 1837 - 1910

Antonio López Ferreiro, historiador arqueólogo e novelista naceu en Santiago, estudiou a carreira eclesiástica acadando a licenciatura en Teoloxía en Madrid, chegando a coengo da catedral de Santiago.

Pasou pola Escola Diplomática onde estivo totalmente adicado á transcripción de documentos galegos do Arquivo Histórico Nacional, así como ó estudio de Paleografía, Numismática, Historia Medieval, Xeografía e Historia das Belas Artes.

Este autor de talante e pensamento moi tradicional era un experto en Dereito Canónico, así en 1871 aparece publicado "El matrimonio civil en sus relaciones con la religión, la moral y la libertad" como un alegato contra o discurso de Montero Ríos nas Cortes, en defensa do matrimonio civil.

O seu labor historiográfico respecto a Galicia foi moi fecundo, pero compre salientar que ocupa o primeiro lugar entre os novelistas do S.XIX, deixándonos tres novelas históricas: "A Tecedeira de Bonaval", "O Castelo de Pambre" e "O niño das Pombas", nas que inclue descripcións de monumentos e documentos históricos, o que demostra a súa afición pola Arqueoloxía.

López Ferreiro traballou conscientemente pola restauración e rehabilitación do idioma galego. Ten unha grande riqueza léxica. É un mestre do idioma.