Ferro Couselo 1906 -1975

 

Xesús Ferro Couselo naceu na provinvia de Pontevedra no ano 1906. Foi sobre todo un historiador que dedicou a súa vida intelectual a recupera-lo pasado da provincia e da cidade de Ourense.

A súa producción en lingua galega é moi escasa. Soamente 14 traballos da súa bibliografía, son en galego. Entre estes destacan: "O Xénesis e as primeiras dispersións dos pobos", "Grandeza e fin da casa e torre de Marceo", "O deus de Bandúa da Veiga", "O Magosto do Señor San Martiño"...

Pódense salientar dous traballos, dos moitos que escribiu, sobre á língua galega. Como e por que os escribanos deixaron de empregar o galego, é un estudio sobre as causas da perda da língua.

A vida e fala dos devanceiros é unha recompilación de documentos escritos en galego, entre os séculos XIII e XV, nas terras ourensás.

Ferro Couselo contribuiu á difusión da cultura e a língua galega participando na creación da primeira editorial que se creou en Galicia para editar libros galegos. Foi profesor dos primeiros cursos de galego que se impartiron en Ourense durante a dictadura e promoveu, con outros galeguistas, a celebración de misas en galego na capela do Santo Cristo de Ourense.

Morre en Ourense no ano 1975