Fin de curso 2003-2004
Máscaras
Aquí podedes ver algunhas das actividades que tiveron lugar no colexio para dar fin a este curso escolar. Desexamos un bo verán a todos, en especial ó alumnado de 6ºcurso que comenzará en setembro unha nova e importante etapa na súa formación.
6ª C canta en Inglés
6ºA In a restaurant
6º B In the hospital
6º B English song and dance
Avoa e lobo falando

As primeiras fotografías corresponden ás interpretacións dos alumnos/as de 6º preparados por Carmen, a profesora de Inglés.

5ºB representou unha divertida "Carrapuchiña vermella" cuns personaxes moi ecoloxistas. A súa titora, Yolanda, foi a directora da obra.

Carrapuchiña fala co lobo
As árbores e o gardabosques
O grupo dos "Gaiteiriños" no que hai alumnos e alumnas do Colexio e outros que xa remataron e agora están no Instituto. Varios momentos da súa fantástica actuación.
Un momento do baile
Cantando
Todo o grupo
Varios grupos do Colexio dirixidos por Irene, a profesora de Música, interpretaron diversas pezas musicais de diferentes países. Sorprenderon moito as armonías creadas polos instrumentos de madeira, a sonoridade encheu o pavillon.
Un grupo de 3º
Un grupo de 5º Curso
Interpretación do alumnado de 4º
Outro momento da interpretación
Unha canción de despedida
José Antonio recibe o seu premio da Sociedade Colombófila
E por último os premios, a Sociedade Colombófila, o Departamento de Normalización, a Directora do Colexio e a cordinadora do programa Voz Natura para o próximo curso, fan a entrega.
Entrega dos premios a Bea e Mariña

Unha felicitación moi especial a Bea e Mariña, delas son moitos dos debuxos que tivemo-la sorte de disfrutar e poñer neste sitio "web". Desexámoslles moitos éxitos.

 

Esteban co grupo dos Gaiteiriños
Felicitacións tamén a Esteban de 4ºA pola súa mágnifica actuación na festa.
Moitos cursos tiveron a súa festa na clase, nestas fotos podedes ver unha mostra da actuación dos alumnos e alumnas de terceiro.

Preparando a súa actuación

E con estes artistas desexamos que o pasedes moi ben, que aprendades moitas cosas e que veñades con moitas ganas de saber máis no próximo curso.

 

Os/as intérpretes cos monicreques
Volta ó índice
Vai ve-las fotografías doutros cursos
Vai o curso 2002-2003