Fin de curso

Dixemos adeus ao curso 2006-2007 retomando un bo costume, a despedida ao alumnado que deixa o colexio. Foi un acto moi sinxelo pero cheo de emotividade.

Previa presentación do acto a cargo da profesora Dª Mercedes Gasamáns, alumnas dos tres cursos de 6º leron as súas impresións, lembranzas e desexos para o futuro, ante pais e profesores que escoitaron con moita atención ás que ese día foron protagonistas.
Alicia lendo a súa despedida
Paula
Laura
Gonzalo recibe o diploma

Moi emocionados recibiron os diplomas que acreditaban a fin da súa andaina no colexio.

Raquel
Jorge
Dª Elena Gómez Formoso, Directora do colexio pronunciou unhas palabras de despedida cando rematou a entrega de diplomas.
Dona Elena pecha a entrega de diplomas
O grupo de Música Tradicional do Igaem

Por último o grupo de Música Tradicional do Instituto galego das artes escénicas e musicais interpretou distintas pezas do seu repertorio. A despedida foi aos acordes da Marcha do Antigo Reino de Galiza.

¡Boa andanza a todos!

Para ver a fin de curso de outros anos preme na frecha