Ánxel Fole 1903 - 1986

Nace en Lugo no ano 1903. É un escritor en galego e castelán que cultiva tódolos xéneros literarios: poesía, narrativa, ensaio e teatro.

Durante a República desenvolveu actividades políticas, foi presidente da Agrupación de Lugo do Partido Republicano Socialista e candidato por ese partido a un escano no Concello. Máis tarde milita no Partido Galeguista, sendo secretario provincial ó comezo da guerra civil

Foi académico da Real Academia Galega, en 1962 leu o seu discurso de ingreso: Castelao e a súa tradición galeguista.

Foi xornalista: colaborou coas publicacións "La Provincia", "Al pueblo gallego", "El Progreso", "Hoja del Lunes", "La Noche" "Faro de Vigo"... Colaborou na revista "Resol" e creou "Yunque"... pero o máis iluminado da súa obra son os contos. Estes atopanse recollidos nas obras: Á lus do candil, Terra brava, Contos da néboa e Historias que ninguén cre.

A primeira destas obras ten un prólogo, Terra do Caurel, no que uns cazadores quedan illados pola neve e adican o tempo a contar historias. Nelas aparecen tódolos aspectos destas terras, paisaxes, botánica, zoología, climatoloxía, socioloxía...

Terra brava é un libro de pantasmas, de premonicións, de difuntos... lixeiramente irónico. É a Galicia apegada á terra, profundamente lírica e humorística.

Morre en Lugo en 1986.