Estánse a entregar nas aulas os libros de texto correspondentes ao programa de gratuidade da Consellería de Educación (cursos de 3º e 4º).
Insístese que ditos libros son propiedade do colexio, o alumnado dispón deles en concepto de préstamo e debe devolvelos en bo estado ao final do curso para que poidan ser reutilizados por outros alumnos/as. O deterioro de libros, que non estea debidamente xustificado, pode ser motivo da obriga de repoñelos por parte das familias e non disfrutar da gratuidade o curso seguinte. Os libros deberán estar debidamente forrados, mellor con plástico adhesivo, e non deberá figurar nas súas páxinas os datos do alumnado, sólo deben identificalos cunha pegatina adherida ao forro.
No resto dos cursos (1º, 2º, 5º e 6º), os libros deberán aportalos as familias, serán da súa propiedade. A Cosellería de Educación estableceu un sistema de axudas para a súa compra, da que informou ampliamente nos medios de comunicación, asimesmo está exposta dita convocatoria no taboleiro de anuncios do Centro, dende o día 1 de setembro.
|