Don Federico de la Fuente, que pertence ó Corpo de Bombeiros de A Coruña (Protección Civil), impartiu unha charla moi interesante, sobre o traballo que este corpo realiza nos nosos montes cando se declara un incendio.
Proxectou unha película de animación que motivou grandemente ó alumnado, poñendo de manifesto as causas que provocan o lume, así como as precaucións a tomar, o desastre ecolóxico e consecuencias nefastas que acarrean ó Medio Ambiente.
Durante a proxección
Un momento da proxección
Coa axuda dunha presentación as ideas quedaron máis claras. Ó remata-la charla abriuse unha quenda de preguntas moi diversas, que foron dende o precio das botas dun bombeiro ata as sancións que lle poñen a quen orixina estes incendios.
un momento da charla
A ropa ignífuga
Casco utilizado nos incendios forestais

Esta actividade foi valorada moi positivamente, tanto por parte do alumnado como do profesorado. O equipo de Voz Natura agradece a inestimable colaboración prestada por Protección civil e o corpo de Bombeiros.

Preme no lume para voltar ó índice
Vai ó índice