| INSTRUCCIÓNS XERAIS |
| 1.- ATENCIÓN ÁS FAMILIAS |
| As visitas ordinarias de pais/nais e titires legais do alumnado ó profesorado do Centro serán tódolos luns lectivos do curso, de 17.00 a 18.00 horas nas respectivas aulas titoriais. Para evitar esperas innecesarias e acadar unha boa organización convén que soliciten previamente a visita ao titor/a a través dos alumnos/as. As reunións colectivas pendentes dos pais/nais co profesorado, para coordinar a acción educativa entre o Colexio e as familias, iranse convocando progresivamente. |
||
1º Ciclo: |
(1º e 2º curso) - |
19 de outubro ás 16 horas. |
2º Ciclo: |
(3º curso) - |
26 de outubro ás 17 horas. |
(4º curso) - |
19 de outubro ás 17 horas. | |
| 3º Ciclo | (5º curso) - |
19 de outubro ás 18 horas. |
(6º curso) - |
19 de outubro ás 18 horas. | |
| 2.- ACCESOS Ó CENTRO |
- Para facilitar as entradas e saídas do alumnado, prégase ós adultos acompañantes que non se sitúen diante das portas do porche, deixando esta zona libre para que os nenos/as podan formar as filas convenientemente. Á hora da saída, esperarán ó alumnado de Educación Infantil e 1º Ciclo na parte cuberta de dito porche. - A fin de evitar conflictos innecesarios prégase puntualidade nas entradas e saídas, tendo en conta que a puntualidade consiste en chegar co tempo xusto, nin antes nin despois. As portas do colexio ábrense ás 9 horas e permítese a entrada ata as 9:10, despois desa hora deberá xustificarse debidamente o retraso. - No horario lectivo diario de 9.00 a 14.00 horas, para non interromper as clases, prohíbese o acceso das nais e pais ás aulas e ás plantas superiores. Se é necesaria unha entrevista urxente co profesorado, deberase solicitar a correspondente autorización a través do Equipo Directivo do Centro, que arbitrará as medidas oportunas. - Estas normas tamén serán de aplicación para o alumnado de tres anos, unha vez finalizado o periodo de adaptación (mes de setembro). - Como medida de seguridade, co fin de evitar posibles accidentes, rógase aos pais/nais que non entren co seu vehículo particular no aparcamento e aqueles que accedan andando deben utilizar as portas pequenas no patio, nunca o portalón dos coches. - Se algún alumno/a precisa saír do centro en horario lectivo deberá facelo sempre acompañado dun adulto que se identificará e responsabilizará del. |
| 3. COLABORACIÓN NOS RECREOS |
Polo risco de que persoas estrañas poidan dar ao alumnado produtos non desexados durante os recreos, tales como alimentos perigosos, larpeiradas e outros, ou se dirixan ao alumnado de forma non correcta, e ante a imposibilidade de coñecer a tódolos parentes relacionados cos nenos/as, rogámoslles que non promovan o seu acercamento ó cerre do patio (algo que o alumnado non ten permitido). En caso de que sexa necesario entregarlles algo ou darlles un recado urxente, deberán pedir permiso ó profesorado de garda que facilitaré a entrega persoal dentro do recinto escolar. |
Preme na frecha para volver á circular |