Lago González 1865 - 1925

 

Manuel Lago González naceu en Tui, estudiou a carreira sacerdotal nesta vila e doutorouse en Teoloxia na Pontificia de Santiago. Tiña unha moi boa formación clásica e un grande interese pola investigación histórica e a Paleografía.

Poeta en galego e en castelán, desde moi novo foi membro da Xunta Rexionalista de Tui e participou nos Xogos Florais, celebrados en 1891.

Despois de pasar polo Bispado de Burgo de Osma, foi nomeado arcebispo de Santiago. O nomeamento foi moi celebrado polos galeguistas da época porque un galego e galeguista ocupara a sede Compostelá, non se debe esquecer que era o tempo das Irmandades da Fala, da revista Nós e do Seminario de Estudios Galegos.

Lago González era un poeta notable , algún dos seus poemas foron musicados como o de "Alborada". Merecen ser salientados: "San Campio" e "Fror Nova" entre outros.

É autor de pezas de teatro breves como "Calabazas" sainete en verso e en galego no que trata de cómo o Tio Xan, vello de 70 anos, teme suspender por non ser quen de darlle a doutrina ó cura. É unha ironía sobre o costume de da-la doutrina co que Lago non está moi de acordo.

Compre dicir que foi un dos dous fundadores da Real Academia Galega e que o seu discurso de ingreso titulábase "Elogio de la Lengua Gallega".