Valentín Lamas Carvajal 1849 - 1906

Valentín Lamas Carvajal é un dos prosistas máis importantes do Rexurdimento.

Naceu en Ourense e aínda que cego, na sua xuventude, desenvolveu unha grande actividade literaria.

A súa prosa é totalmente popular, "O Catecismo do Labrego" tivo un enorme éxito cun elevado número de edicións. Trátase dunha sátira anticaciquil que pinta con humor a situación do labrego galego.

Tamén se adicou ó xornalismo e a poesía. Non é propiamente un lírico, por iso as súas mellores composicións son de raigame popular, nas que se revela contra as inxusticias, pero sen intencións políticas.

En 1880 publicou "Saudades Galegas" e en 1890 "A Musa das Aldeas" poesía costumista é un verdadeiro canto á vida rural.

Como xornalista dirixiu varias revistas e diarios, entre elas "O Tio Marcos da Portela" revista en galego que se fixo moi famosa.