
| Esta pequena árbore de nome latino Ligustrum lucidum, posiblemente de ligare (atar) polo flexible das súas ramas e lucidum polo brillo das súas follas, é coñecida en moitos países como Árbore do Trono. É orixinaria da China. |
|
Mantén as follas no inverno polo que é moi usada nos xardíns e rúas. Outra característica importante é a resistencia fronte a contaminación das cidades e a posibilidade de darlle a forma máis axeitada ó lugar onde vai medrar. É moi frondosa. O tronco é liso, a cortiza agrisada e con lenticelas moi marcadas
|
![]() |
![]() |
![]() |
Soporta moi ben as podas e pode formar setos de moitisimas formas, aínda que a súa propia, cando medra libremente, é a redondeada. Pode ser árbore ou arbusto, florece durante moito tempo, enchendo co arrecendo das flores as rúas e parques onde medra |
| As follas son ovales, acuminadas, enteiras; de cor bronce cando son novas que logo torna verde escuro e brillante pola face e máis clara, e mate, polo envés. |
![]() |
![]() |
![]() |
As flores forman panículas de ata 20 centímetros de lonxitude. Teñen forma piramidal, son de cor branca tirando a amarela con longos estames. Atraen moitísimos insectos coa súa aroma doce. Isto engadido á cantidade de flores primeiro e froitos despois, que deixa caer ó chan, acarreoulle non moi boa fama. Temos que lembrar asimesmo que esta árbore-arbusto está a desplazar a moitas especies autóctonas no continente americano. Onde non ten ese problema é ecoloxicamente valiosa polos moitos paxaros que cobixa, protexe e alimenta. |
|
A multiplicación é por sementes aínda que as variedades o fan por inxerto. Adáptase a case todo tipo de terreos e orientacións. |
![]() |
![]() |
![]() |
O froito é de forma globosa, cor negra azulada e 1 centímetro de longo. Contén unha materia chamada ligulina que serve para tinguir. O mesmo que as follas, teñen aplicacións medicinales. Na medicina chinesa utilizábanse para reforzar o sistema inmunitario, activar as funcións do fígado, mellorar a vista e tamén a saída do cabelo negro e forte. As follas utilizanse como astrinxentes, en infusión para as diarreas e as chagas ou feridas mal cicatrizadas. Tamén son tóxicas polo que o uso ten que ser debidamente dosificado. |
Son moitas as relacións desta árbore con culturas moi antigas, na "Materia Médica" de Dioscórides (médico grego do século I) fálase dunha planta que logo botánicos como Mattioli (1543) e Laguna (1555) identifican como aligustre. Trátase da "alheña" ou "henna" moi usadas no mundo árabe e na India para tinguir as mans e pés, para facer preciosos debuxos a modo de adornos, nos dedos e unllas. Sábese que Dioscórides viaxou polo mundo antigo aprendendo das súas culturas e recollendo a sabedoría e costumes destes pobos. Xa Cleopatra usaba a planta triturada como cosmético, ademais de reforzar o cabelo e devolverlle brillo, revive a cor oscura. Tamén os homes tinguían os cabelos e as barbas. |
|
Volta
ó índice das árbores
|
|
Vai
ó curso de tele-formación
|