
Loureiro (Laurus nobilis)
|
Sabemos que para os gregos e romanos o Loureiro era unha árbore sagrada. Os sacerdotes botaban auga con follas de Loureiro sobre a xente que entraba nos templos. No campo queimaban ramas desta árbore para saber si a colleita ía ser boa ou non.Se facían ruído o arder terían un bo ano. En moitos países os bruxos coronábanse coas súas ramas e crían que preservaba a xente do raio e o trono. Os gregos tiñan unha expresión para dicir que non temían nin veleno nin meigallo: "Levo un caxato de loureiro". Unha lenda conta que Dafne (filla dun río e da terra) perseguida polo deus Apolo, foi transformada en Loureiro polos deuses. O propio Apolo é representado frecuentemente cunha coroa de loureiro, como deus que purifica, alumea e trunfa. De ahí que os gañadores dos xogos foran coroados con loureiro. Tamén entre as propiedades desta árbore estaban as de dar ós profetas a facultade de ver o que estaba oculto, chegando a inxerir as follas para lograr a clarividencia. |
|
O nome desta árbore procede do nome latino Laurus, que a su vez podería vir do celta "laur" que ten o significado de verde. Así se aludiría á característica de non perder as follas no inverno. Pode considerarse árbore aínda que con frecuencia é tan só un arbusto. Pode chegar os vinte metros de altura, pero son máis abondosas as de cinco e dez metros. É orixinaria do Mediterráneo e vexeta ben nos terreos húmidos e sombríos das costas. É espontánea na nosa terra. |
![]() |
![]() |
![]() |
O nome nobilis faría mención ó porte e á elegancia destas árbores. A copa é baixa e densa, o tronco acostuma ser dereito e ramificado xa dende o chan, cando medra no lugar axeitado. Ó principio ten forma cónica que logo vai arredondando. A cortiza é de cor parda que co tempo torna agrisada e lisa. A madeira é moi dura e cun arrecendo característico. |
|
As follas son alternas, coriáceas, de forma oblonga e bordo enteiro, aínda que con ondas; cun pecíolo moi curto e de cor verde escura e brillante na face e máis clara no envés. As follas son perennes e teñen unhas células cargadas de aceite que lle dan olor moi peculiar. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
As flores son unisexuais, masculinas ou femininas, de cor branca ou amarela. A polinización é por insectos. Florece na primavera. |
|
Os froitos son bagas de forma de ovo, dun centímetro de grosor, ó primeiro verdes pero ó madurar tórnanse de cor negra brillante. A multiplicación é por semente, unha por baga, que deixan caer as aves cando comen os froitos. A maduración ten lugar no outono. Co aceite que se obtén dos froitos elabórase a "manteiga" moi usada en veterinaria para combatir parásitos dos animais. |
![]() |
![]() |
As follas utilizánse como tónico estomacal e carminativo. Recomendacións tradicionais atribuen propiedades antiinflamatorias, resolutorias nas picaduras, contra a dor de oidos e alivio da fatiga. Restablecen o apetito. Son moi usadas nas cociñas para dar gusto ós guisos e facelos máis apetitosos. A tradición de esparexer ramas de loureiro á entrada dos templos, cristianizou na bendición dos ramos na Semana Santa. Estes ramos levan emparexada a facultade de espantar os treboadas. |
E para rematar unhas cantigas moi coñecidas:
"Aparta loureiro verde,
deixa clarexa-la
lúa
que estou no medio do monte
non vexo cousa ningunha"
"O loureiro raís de ouro
bota folliñas de prata...
Coller amores non custa
olvidalos si que mata."
Un esconxuro: "Loureiro que foches nado sen ser plantado, quítalle o aire a este excomulgado".
Tamén nas rifas populares aparece o loureiro:
"Mozos do chan de Carnota
arrimádevos a un loureiro
deixade pasar aos de
Lira
con ferriños e
pandeiros"
E nas creacións de novos grupos musicais
que manteñen a tradición e o espirito vivo:
"Loureiro, verde loureiro,
Mala rama che secara,
Mala rama che secara,
Inda non tomei amores
Xa me traen amarmurada".
|
Vai
ó índice das árbores
|
|
Vai
ó curso de tele-formación
|