Magosto 2003

A festa do Magosto é unha celebración do ciclo do outono na que as castañas son as protagonistas xunto co viño novo. Polo xeral celébrase o día de Tódolos Santos ou, na provincia de Ourense, polo San Martiño.

O Magosto é unha manifestación máis do desenvolvemento das actividades agrarias. Nestas datas xa están almacenadas as colleitas, é un tempo de ledicia e de abundancia, no que os soutos mostran os seus froitos e hai que apañalos.

Por iso o auténtico Magosto era o que se facía no monte, a xente nova xuntábase para recoller ramas e toxos secos e prepara-lo lume. As castañas poñíanse no chan, e botábase a leña por riba para asalas lentamente. Tamén era costume tisnarse uns ós outros coas últimas castañas da festa.

Para non esquece-la tradición, tódolos anos, o Colexio súmase a esta festa con novas ideas que acompañan ó feito de come-las castañas no patio. Este ano recuperamo-la idea dunha compañeira que a puxo en práctica no Colexio de Abegondo e da que non sabemo-lo nome. Trátase do "Xogo da Oca" pero con castañas e con regras alusivas a este froito.

Aquí podedes ve-los taboleiros xa preparados no chan do pavillón. Cada un deles está formado cos debuxos que aportaron as clases.

Tamén fixeron os dados e as fichas do tamaño axeitado para xogar con eles.

Os xogos no pavillón
Un dos xogos

Regras e distribución dos cadros:

1,2,3,4 ... entrada ó xogo

5 ......... o esquío

6 ......... castaña: "De castaña a castaña, eu as como e ti as apañas". Vólvese tirar.

7 ......... o valado

8 ......... o papaventos

9 ......... a araña: "Coa araña diches, perdiches". Agardas unha tirada.

10 .......... o cataventos

11 ........ a castaña. "De castaña en castaña ..."

12 ........ a buxaina. "Coa buxaina vas xogar, volta a escomenzar". Vólvese ó principio.

13 ........ a pega

14 ........ os reis reis, mariquitas.

15 ........ o pombal

Xogando
Outro momento do xogo

16 ........ o coello: "Co coello vas brincar, volves tirar".

17 ........ a castaña. Faise coo nas anteriores.

18 ........ as campaíñas, estalotes, bilitroques.

19 ........ a ponte

20 ........ o galo

21 ........ a chuvia. "Chove miudiño, vai amodiño". Agardas unha tirada.

22 ........ a castaña. Faise como nas anteriores.

23 ........ as formigas

24 ........ o peixe

25 ........ a montaña

26 ........ a castaña. Faise como nas anteriores.

27 ........ a casa

28 ........ a curuxa

29 ........ o pozo: "Co pozo fuches dar, tes que agardar". Agardas unha tirada.

Os máis pequenos aprenden a xogar
Unha pequena axuda

30 ........ a ra: "Croac, croac, na charca vive a ra". Avanzas unha.

31 ........ a charca

32 ........ as anduriñas

33 ........ o hórreo, cabazo, piorno.

34 ........ a abella

35 ........ o gato: "O gato quere pescar, tes que atrasar". Volve o peixe: 24.

 

36 ........ a castaña. Faise como nas anteriores.

37 ........ as bolboretas

38 ........ o sapoconcho, tartaruga

39 ........ a lúa: "De lúa a lúa, xogamos na rúa". Avanzas ata a outra lúa: 48

40 ........ a castaña. Faise como nas anteriores.

41 ........ o parrulo

42 ........ o carballo

43 ........ o castelo

Moi interesado
Xogando no patio

44 ........ as uvas

45 ........ a castaña. Faise repeti-la tirada.

46 ........ o tren

47 ........ os cogumelos

48 ........ a lúa. Vólvese á outra lúa.

49 ........ o cosco: "Cosco cosquiño, quedas paradiño". Agarda unha tirada.

50 ........ o piñeiro

 

51 ........ o laberinto: "No laberinto vas entrar, volve comezar".

52 ........ as flores

53 ........ o sol

54 ........ o Arco da Vella.

FIN

Outro momento do xogo

E despois dos xogos a disfrutar das castañas.

Todo un símbolo
Están moi boas
Paciencia
Unha vista do patio
Outro momento da festa
Volta ó inicio

¿Queres ver máis fotografías doutros cursos? Preme no esquío.

¿Queres saber máis sobre o castiñeiro e a castaña? Preme na folla.

Vai ve-las fotografías doutros anos

Vai á páxina do castiñeiro