![]() |
Este curso imos celebrar o Magosto facendo unha síntese das celebracións outonais da nosa e doutras culturas. E aínda máis, se queredes saber como celebramos, no departamento de Inglés, a festa de Halloween, ide aquí: |
E agora... unha interesante experiencia: o Magosto na clase de 4ºB |
Tendo en conta que os elementos do outono (castañas, castiñeiros...), en concreto os do "magosto" os tiñamos máis distantes, por tratarse dun colexio urbano, decidimos construir nós mesmos un castiñeiro. Para iso, primeiro buscamos tódolos materiais dos que dispuñamos no colexio (caixas de cartón, pegamento, papel hixiénico, papel de embalaxe, etc...). |
O primeiro paso (para o tronco) foi pegar follas de papel de periódico a unha caixa de cartón, e forrala con papel de embalaxe para darlle volume. Sobre ese papel pegamos papel hixiénico arrugado e empapado cunha mezcla de pegamento de celulosa e auga, para simular a cortiza.Deixamos secar e para o outro día pintamos o conxunto con spray de cor marón. |
![]() |
![]() |
![]() |
Mentres o noso tronco xa rematado secaba, buscamos un solo sobre o que plantar a nosa árbore. |
| Para rematar a nosa árbore xa só quedaba construir unhas ramas fortes das que sairían as demais ramiñas reais con follas. | ![]() |
![]() |
Para construir as ramas utilizamos espuma para suxeitar flores, cravada nun arame, o que nos permitiría unilas. Para unir as ramas co tronco construimos unha estructura con cartón, que encaixada dentro do tronco se encargaría de soportar as ramas. Para unir as ramas coa estructura utilizamos cola e cinta adhesiva. Unha vez unidos tódolos elementos, pintamos as ramas e logo cada neno colocou unha ramiña "real" na árbore. |
Para finalizar o noso labor só quedaba colocar a árbore sobre a mesa decorada e expola no pasillo do colexio para disfrute de todos. Para ilustrar a nosa obra utilizamos o traballo do colexio sobre o castiñeiro e colocámolo a carón da árbore, para todos aquelos curiosos e ávidos de información. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Este traballo tivo un interesante complemento na recollida de receitas de cociña que tiñan a castaña como elemento principal, tamén fixeron os típicos zonchos que luciron o día do magosto. |
E agora moitas máis fotos dos traballos feitos polo alumnado e tamén da degustación de castañas que, por mor da choiva, tivemos nos corredores do colexio. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
E ata aquí a nosa conmemoración do magosto, do outono, dos froitos desta época... e por riba de todos, a castaña. |
Volve ao índice |
Vai ver como celebramo-lo magosto outros cursos |