Martín Códax, Mendinho e Xohán de Cangas

Estes poetas populares aparecen nun período histórico de gran creatividade que houbo en Galicia, viña dunha tradición lírica anterior. A lingua habitual era galego-portugués, falábase na banda occidental da península na época medieval. Era a lingua da cultura, na que influiron condicionantes históricos como as peregrinaxes a Compostela e empréstimos galos-románicos. Esto ocorría nunha sociedade feudal na que os segreis, xograres e trobadores tiñan como obxectivo a diversión, percorrendo cortes e pazos.

Na obra destes autores, as Cantigas de amigo, son as mulleres as que falan. Non relatan un suceso, evocan un estado de ánimo. Os personaxes son moi próximos e chegan a confundirse formal e conceptualmente. Foi gardada en tres cancioneiros manuscritos: Cancioneiro de Ajuda, Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e Cancioneiro da Biblioteca Vaticana.

Son composicións breves e consérvase a música, caso excepcional na nosa lírica profana medieval.

De Martín Codax e Xohán de Cangas, temos tres composicións, de Mendinho consérvase unha única cantiga, a da ermida de San Simón, unha das máis logradas da lírica medieval.