Mostra etnográfica permanente

Dende o ano 1986 lévase a cabo no noso Colexio a recollida e restauración de diversos obxectos propios do traballo no campo e no mar, así como de útiles domésticos, de uso tradicional en Galicia. Estes obxectos proceden de donacións de diversas persoas relacionadas co Centro ou de préstamos de membros da nosa Comunidade Educativa.
O obxectivo fundamental é poñer en contacto o noso alumnado con aspectos tanxibles da nosa cultura popular e vida doméstica galega, xa que parte dela está a desaparecer; así como aprenderlles a convivir e coidar unha parte do noso pasado participando activamente na conservación da mostra que está instalada de xeito permanente en diferentes dependencias do Centro. Esto é algo especialmente interesante se temos en conta que somos un Colexio plenamente urbano.


Na actualidade plantexámonos, como obxectivo importante, dar a coñecer esta mostra por medio dos soportes que nos facilitan as novas tecnoloxías


Volve ó índice
Vai ve-la mostra
.