Nadal 2005
Candea

Árbores e adornos

Este mes de decembro as árbores, estrelas e regalos, encheron o Colexio. Un ano máis as súas cores animaron a vivir con moita ledicia os derradeiros días do ano.

 

Tódalas clases traballaron moito e fixeron adornos moi orixinais.
Estrelas
Frores
Farolillos
Árbores e sorpresas
Un móbil de Papá Noel
Caramelos xigantes
Tódolos símbolos e tódalas cores tiveron o seu sitio para sumarse á decoración do colexio.
O alumnado de 5º fixo un bo traballo sobre a celebración destas datas en moitos países do mundo. Buscaron información sobre as tradicións e distintas crenzas, como son as felicitacións, que plantas decoran e quen trae os regalos ós nenos...
Celebracións de inverno no mundo
Ed. Infantil
O día 22 de decembro houbo un festival no que a maior parte do alumnado cantou panxoliñas e coñecidas cancións navideñas.
Tódolos participantes foron moi aplaudidos.
Primeiros
Un grupo de 2º
Un dos grupos participantes escoitando mentras son presentados.
Preparados para actuar.
Alumnos de 2º
Alumnos de 3º
Alumnos de 3º durante a súa interpretación.
O alumnado de 6º contaxiou ledicia cantando en inglés o coñecido "The twelve Days of Christmas".
Alumado de 6º

Os alumnos e alumnas de Relixión organizaron, coa profesora Sandra, un concurso da canción navideña. Nesta improvisada Operación Triunfo de Navidad participaron moitos grupos que interpretaron cancións orixinais. O xurado tivo moitos problemas a hora de elexir os mellores. Puntuaba a orixinalidade, a interpretación, a coreografía... Os tres grupos seleccionados recibiron diplomas e material escolar.

Coa entrega de premios rematou este festival na víspera das vacacións.

Para ver festivais doutros anos preme no acivro
Vai o Nadal 2004