ORIENTACIÓNS PARA O ESTUDO
 

O Centro conta con departamento de orientación propio dirixido por D. Jesús González Paz, desde dito Departamento faise fincapé nos seguintes aspectos importantes a ter en conta no proceso de ensinanza-aprendizaxe:

- Débese estimular e favorecer o estudo e traballo persoal do alumnado, fomentando hábitos de traballo que supoñan unha dedicación temporal diaria segundo a idade e curso.

- É necesario programar axeitadamente o xogo e o tempo libre da nena e do neno, procurando que a hora de deitarse sexa a adecuada para un descanso completo e reparador.

- Convén interesarse polo seu traballo diario e seguir o seu proceso de desenvolvemento en estreita relación co profesorado que corresponda.

- Deberase valorar obxectivamente a avaliación emitida sobre o seu rendemento, adoitando accións positivas en perfecta coordinación co profesorado.

- É importante colaborar na organización do Centro, non permitindo que o alumnado traia ao Colexio útiles non escolares como: walkmans, xogos non didácticos, xoguetes, móbiles, etc., que poidan distraer a súa atención. Especial coidado débese ter con obxectos punzantes ou perigosos que, en caso de ser descubertos, serán retidos no Centro ata que un adulto os reclame.

- É moi importante colaborar co profesorado na consecución, control e mantenemento de hábitos de convivencia e respecto mútuo, tendo en conta que as normas establecidas son consecuencia dunha elaboración e estudo por parte do conxunto da Comunidade Educativa. A formación completa do alumnado require a súa integración progresiva na sociedade, aprendendo as regras que lle permitan ao cabo dos anos, pormar parte activa dela. Esta formación comenza na familia e continúa na escola por iso é tan importante a colaboración e respecto entre ambas.

Volve á circular
Preme na frecha para volver á circular