Os Trollos
Plantando

O día 26 do mes de maio o alumnado de 5ºcurso fixo unha visita á Aula Forestal "Os Trollos", situada no concello de Bóveda en Lugo.
Alí aprenderon sobre os labores nun viveiro forestal, ferramentas utilizadas, sementes e reproducción das árbores. Tamén aprenderon da importancia do bosque, a madeira, a vida animal e vexetal asociada ás árbores...
A visita forma parte do programa de divulgación medioambiental promovida polo equipo do proxecto Voz Natura do colexio. A organización e patrocinio da mesma foi a cargo da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Para saber máis desta visita podedes visitar a ligazón seguinte:
http://www.xunta.es/conselle/cma/CMA10j/CMA10jgAulasForestais/OsTrollos.htm


Empezando a visita
Moi equipados
Dous momentos da chegada, todos moi preparados para disfrutar un bo día.

Moi curiosa a colección de sementes de árbores e tamén as ferramentas e intrumentos utilizados para o traballo coa madeira.
Sementes
Para medir os troncos

Información de cada árbore
Durante a explicación

Panel da madeira
Tradicións e costumes
Panel dos cogomelos
Moi bos paneis explicativos sobre a madeira, os cogomelos, os costumes tradicionais... tamén as fichas das distintas características das árbores.

Logo da información un paseiño ata a zona onde iamos xantar; baixo das árbores, a carón dunha fonte e co son dos paxaros...
Acomodándose
Despois do xantar

Volta á recepción
Carpas para os obradoiros
Preparando os rótulos das árbores

Rematado o xantar tivo lugar a actividade práctica. Nunha carpa, onde non faltaban os elementos necesarios, sementamos piñeiros, plantamos esquexes de teixo e acivro, rotulamos e gardamos nosas futuras árbores nunhas bolsiñas para levar ás nosas casas.

Un descanso moi agradable
Algúns xogos no campo
Descanso e xogos na herba mentras esperamos a hora da volta a casa.
Volta ó índice dos proxectos
Volta ó índice