Paz 2005

Neste curso a celebración do Día Escolar pola Paz foi moi sinxela e tamén moi emotiva. Na clase de música, e tamén nas aulas, o alumnado do Colexio traballou a coñecida canción "A muralla", cun precioso texto do poeta Nicolás Guillén.
Cada alumno/a decorou un boneco de papel para representar tódalas razas, tódalas diferencias, tódalas cores. Estes bonecos xuntaron as súas mans ao pegalos na entrada do Colexio. Eles queren representar os desexos de paz e amizade entre os nenos do mundo.

Alumnos e alumnas de 5º cantando
Alumnos e alumnas de 5º curso mentras cantan a canción. Todo o alumnado sumou as súas voces, nos corredores do Colexio, á mesma hora.
Bonecos na entrada
Os máis cativos  saen a cantar
Xuntan as mans

Momento no que os máis cativos xuntando as máns, cantan a canción.

Miraban con moita atención e recoñecían os seus bonecos.

Unha mostra máis da imaxinación e creatividade, ademais da documentación que fixeron algúns cursos para representar traxes de todo o mundo.
Algúns bonecos
Preme na pomba se queres ver fotografías doutros cursos