Pezas para os animais

Bitillo: peza semiesférica
feita de arame ou tea metálica. Emprégase para tapa-lo fociño
do animal, evitando as posibles mordeduras.

Canelos: para "ferrar" os
bois e as vacas non se empregan ferraduras, senón canelos. Son pezas
de ferro en forma de semicirculo; na parte curva leva as furas para os cravos.
Leva unha prolongación destinada a entrar por entre as uñas do
animal.

Espora: instrumento de metal provisto
dunha espiga e unha roda con puntas. Utilízase para picar ó cabalo
e que apure. Para facelo axústase o talón da bota.
Estribeira
común: peza de ferro usada polo xinete coa finalidade de pousa-lo pé
cando vai a cabalo.
Estribo:
peza de coiro, metal ou madeira na que o xinete pousa o pé cando cabalga.
Ferradura:
peza de ferro de forma variable que, como protección, levan os cascos
dos cabalos, mulos ou burros.

Pezas de aparellos de animais de tiro.
Usánse para xunguir ás bestas.
Peza
da sela de montar. Serve para suxeitar as dúas partes laterais e así
evitar que se mova.
Pexa:
corda, peza de coiro ou de ferro que se ata ás patas do gando para que
non escape. Ten un lazo en cada extremo. Nalgunhas
comarcas tamén se chama solta.

Soliño: peza de madeira que
une a grade co xugo. Cando o carro ten que levar moito peso, se non chega unha
xugada ponse outra, unida ó carro cunha cadea curta ou pao, é
o soliño.
Podes facer o encrucillado sobre
este tema na páxina:
http://www.edu.aytolacoruna.es/aula/letras_galegas/ferramentas.html