Luis Pimentel 1895 - 1958

Luis Pimentel era na realidade Luis Vázquez Fernández, pois o apelido Pimentel era o segundo do seu avó materno. Naceu en Lugo no ano 1895 e morreu no 1958. Residiu case a meirande parte da sua vida nesa cidade lucense, agás os anos de estudiante en Santiago onde se licenciou en Medicina e Ciruxía (1922) e a etapa de Madrid para face-lo doutorado. Aquí vive na Residencia de estudiantes da Institución libre de Enseñanza e entra en contacto coa xeración do 27.

Foi contemporáneo de Amado Carballo e Manuel Antonio. Poeta marcado pola guerra, como toda a xeración das vangardas galegas, pero, tal vez, é o que transmite máis profundamente a ferida do enfrontamento armado do 36.

En vida publicou algúns poemas na revista RONSEL e un pequeno folleto con oito poemas "Triscos", publicado no 1950.

A meirande parte da súa obra aparecerá publicada despois da guerra. "Barco sin Luces" (1960), "Sombra do Aire na Herba" (1959). Ademais da xeración do 27 ten influencias de Rosalía, Becquer, Rubén Darío, Fernández de la Vega ...

Diriamos que é un poeta misterioso con versos cheos de silencios. Poeta da dor, dos medos, das preguntas existenciais que rodean a vida do home con versos de gran sensibilidade, e solidario coa dor. Poeta provinciano que xira sempre sobre a vida da súa cidade, nas mesmas rúas e prazas do seu Lugo, o que se reflexa en versos grises, intimistas e sinxelos.