Xoan Manuel Pintos 1811 - 1876

Xoan Manuel Pintos Villar está considerado, xunto con Añón, un dos máis importantes precursores do Rexurdimento da literatura galega.

Naceu en Pontevedra, estudiou Dereito en Santiago e exerceu a abogacía en A Coruña e posteriormente foi xuiz de Cambados.

Traballou moito pola dignificación e o emprego do galego.

A súa obra "A Gaita Gallega", publicada en 1813, é o primeiro libro da literatura galega contemporánea. É un libro moi variado, mestúranse textos didácticos, diálogos en verso e en prosa, e poemas líricos.

Trátase do diálogo entre o gaiteiro e un mozo castelán, Pedro Luces, a quen vai instruindo na lingua e nas cousas de Galicia. Toda a obra é un canto á nosa terra con certo carácter lúdico.

Ademais desta obra, Pintos publicou numerosas composicións en follas e na prensa da época. Así mesmo publicou un breve diccionario para axudar á comprensión do seu libro.

En xeral, ten unha grande riqueza de léxico e unha enxebre sintaxe.