
Romeu, Alecrín, Rosmariño, Romero
|
Segundo uns autores o romeu recibe o seu nome de ros marinus,
rocío do mar, por ser planta mediterránea que medra
preto das costas; para outros procede do grego rhops myrinus arbusto
aromático. Officinalis quere dicir que ten uso como menciña.
Nos pobos do norte de Italia a xente que acompaña ós mortos leva unha ramiña de romeu. Os faraóns exipcios levábano no seu viaxe ó máis alá, e os romanos crían que era portador de paz para, os mortos, e ledicia para os vivos. Durante a Idade Media na Gran Bretaña xurdiu o costume, no Nadal de adorna-la cabeza dun xabaril con loureiro e romeu e, no campo, a xente facía galanos á veciñanza con ramos de romeu polo Aninovo. Nas vodas era o símbolo da amizade e fidelidade (no ramo da noiva). Os invitados recibían unha ramiña de romeu dourada e atada con fitas de seda de moitas cores. Shakespeare o asocia os loitos "Seca as túas lágrimas e pon romeu neste fermoso cadáver". Ofelia di a Hamlet "Toma esta ramiña de romeu, é para o recordo". |
![]()
|
É un arbusto de 0,5 a 2 metros, sempre verde, con talos novos cadrangulares e tomentosos. Follas de 2,3 cm opostas, lineares, cos bordos tortos cara abaixo, verdes na face e branco con peluxe no envés, moi recendente. Críase maiormente nas ladeiras e terras baixas, prefire os terreos areosos, lixeiros e preferentemente neutros. Gosta do sol e dos terreos protexidos. Precisa pouca auga. Non lle van ben os invernos moi fríos e precisa protección contra ventos e xeadas. Atópase en Cataluña, Aragón, Navarra, Castela, Extremadura, Andalucía o Algarve portugués e nas Baleares. É escaso na nosa terra, onde aparece coma ornamental. |
![]() |
![]() |
![]() |
Ten flores case todo o ano. Estas aparecen en acios,
con cáliz e corola bilabiada, de cor azul ou branca, con dous
estames moi xuntos. Froito en aquenio.
|
|
As follas do romeu conteñen tanino, resina
e esencias. "Das virtudes do romeu pódese
escribir un libro enteiro" di o refrán.
As principais: é estimulante do sistema nervioso, antiespasmódico
e lixeiramente diurético. Axuda na secrección biliar e
tamén para "rebaixa-lo sangue". É boa para curar
as feridas, alivia as dores de articulacións e tonifica o corpo
moi canso.
|
![]() |
![]() |
![]() |
As infusións de romeu son boas para o corazón e circulación do sangue, anemia, depresión, para limpar feridas infectadas e aliviar a tos e asma. Tamén é recomendable nos casos de febres elevadas como nas gripes ou febres tifoideas. Axuda no caso de estómagos perezosos ou lentos na dixestión. Tamén contra a aerofaxia. |
Aínda que son moitísimas as súas aplicacións está contraindicado nos casos de úlcera gastroduodenal e as enfermidades do fígado. Non se debe empregar no embarazo ou durante a lactancia.
O romeu é a herba que conta con máis curiosidades e lendas.
Cóntase da súa orixe, nos cantís de Sicilia, que a Muller Malvada do Etna lanzaba conxuros contra a illa, estes acababan coa paz e o amor. Crecían a mandrágora, beleño, beladona e toda clase de plantas velenosas. O mar era cada vez máis bravo e a Muller Malvada decidiu calmalo. A derradeira onda que chegou ós cantís arrastrou unha doncela que tentou aferrarse as rochas. No lugar medrou unha planta, era o romeu.
Un exemplo da súa fama de planta benéfica é que, entre os belgas, os nenos aparecían baixo unha mata de romeu, non os traía a cigoña coma noutros países.
Críase que o romeu só medraba no xardín dos xustos e tamén que onde medraba esta planta era a muller a que mandaba. Tamén que protexía contra a maxia negra. Era utilizada nos exhorcismos. En moitos lugares de España mollábase a porta con auga de romeu para que non saira a ledicia da casa. E tamén era costume, nalgúnhas vilas de Andalucía, entre a xente nova, levar unha ramiña de romeu para conserva-la memoria.
Na linguaxe das flores o romeu significa "A túa
presenza me fai vivir". Quen regala unha rama de romeu nunca será
esquecido. Un peite feito de madeira de romeu podía cura-la caida do
pelo. O romeu traía boas sorpresas á xente que o cultivaba.
Para conserva-la xuventude tiña que facer unha caixa con madeira de
romeu e cheirala tódolos días. Cando unha moza poñía
unha ramiña de romeu e unha moeda de prata, baixo da almofada a véspera
de Tódolos Santos, vía ó home co que ía casar,
durante o sono.![]()
A utilidade desta herba e moi ampla, ademais dos usos medicinais a perfumería extrae a esencia para facer perfumes. Estimula o crecemento e fortaleza do pelo. Botándoo na auga do baño alivia as dores de articulacións. O aceite é un tónico embelecedor da pel. E bo para combati-la halitose. É antiséptico e bo para desinfectar. É un repelente contra os insectos.
|
Unha receita dun bálsamo para facer
friccións (auga da Raiña de Hungría)
que usaban tódolos grandes de Europa para a gota, reumatismos
e dores, era esta: |
Receita infalible contra a
caida do pelo:
Follas e flores de romeu....20 gramos Abrótano macho..............20 gramos Alcohol ou augardente.........1 gramo Macerar 7 días, fitrar e aplicar dous friccións ó día. |
![]()
Ligazóns moi interesantes
http://www.consumer.es/ Completísima páxina sobre o romeu, receitas e preparacións.
http://www.podernatural.com/ Máis lendas e curiosidades, indicacións e contraindicacións, formas de aplicación.
Libros consultados
Beauvillard. El médico de los pobres.
Editor: Feron y Beauvillard. París.
Boué, W. Tratado popular de plantas medicinales. Editorial:
Sintes
Font Quer, P. Plantas medicinales (El Dioscórides renovado).
Ed: Labor
Gubernatis, A. Mitología de las plantas. Editor: J.J. de Olañeta
Mességué M. Mi herbario de salud. Editorial: Plaza y
Janés
Richardson, R. Hierbas aromáticas del campo. Editor: J.J. de
Olañeta
Rigueiro, A; Romero, R; Silva-Pando, F.J.; Valdés, E. Guía
de plantas medicinais de Galicia. Editorial. Galaxia
Ryrie, C. La sabiduría del jardinero. Editorial: Grijalbo